TEMPOS

CENTRO DE ESTUDOS

Descripción

Tempos é un centro de estudos multidisciplinar situado nunha das rúas máis céntricas de Ponteareas que ofrece un gran número de servizos e actividades relacionadas coa educación e a formación enfocadas a alumnos de todas as idades. Entre elas, destacan talleres infantís de diferente índole, clases de reforzo escolar ou cursos de idiomas.

 

Os docentes altamente cualificados de Tempos, imparten clases de reforzo escolar para alumnos de todos os cursos, nas que poderán afianzar coñecementos e despexar dúbidas para así obter bos resultados ao final de curso. A atención é personalizada e os grupos son reducidos.

 

Durante os meses de verán, impartimos clases de recuperación para superar os exames de setembro. Para aqueles rapaces con algún tipo de dificultade de aprendizaxe, en Tempos ofrecemos clases especiais de técnicas de estudo e programas de psicomotricidade, logopedia, comprensión lectora e dislexia.

 

¡Contacta connosco!

 

 

 

 

Servizos

Reforzo escolar, idiomas, pedagoxía…

No centro de estudos Tempos queremos ofrecer un servizo integral os alumnos, por iso, ademais de clases de reforzo escolar, a preparación dos exames de setembro e as clases especiais de técnicas de estudo para alumnos con problemas de aprendizaxe, temos outros servizos como:

 

Idiomas

O centro de estudos Tempos ofrecemos clases de Idiomas enfocadas a alumnos de tódalas idades. Dende os catro anos, os máis pequenos da casa poden asistir a clases “English for Kids” e aprender inglés falando, con material didáctico audiovisual e dixital, mesturando xogos tradicionais con outras actividades tamén moi divertidas.

 

Para os máis novos, a variedade de actividades extraescolares é moi ampla, ademais do inglés para peques, o centro organiza periodicamente talleres infantís de educación ambiental, teatro, contacontos…

 

Preparación de exames oficiais

 

En Tempos preparamos a xente nova ou adulta que desexe presentarse aos exames oficiais de inglés, francés, galego ou español como lingua estranxeira. Realizamos traducións especializadas e xuradas nun amplo abano de combinacións lingüísticas.

 

Formación para adultos

 

Os cursos de idiomas non son a única actividade formativa destinada aos adultos, en Tempos organizamos cursos intensivos de diferente índole e que poden ser de gran interese como o de técnicas de busca de emprego. Ademais, preparamos os exames oficiais de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de acceso a Graos Medio e Superior e de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.

 

Psicoloxía educativa

 

Na actualidade dispoñemos dun novo servizo de atención psicolóxica educativa destinado aos nenos, adolescentes e adultos. Ademais dos servizos de avaliación e diagnóstico (individual e colectivo) e talleres educativos de diferente índole, periodicamente levaremos a cabo charlas informativas sobre temas de relevancia psicolóxica.

 

ACTIVIDADES

Actividades que ofrece o centro:

– REFORZO ESCOLAR: (Todos os cursos e materias).

 

– FORMACIÓN EN LIÑA -IDIOMAS: INGLÉS / FRANCÉS / ALEMÁN: Clases de conversación para mozas e adultos Preparación de exames oficiais.

 

– TÉCNICAS DE ESTUDO E PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: Comprensión lectora
Dislexia Tratamentos de Psicomotricidade e Logopedia Dificultades de aprendizaxe Problemas de relación social e escolar.

 

– TALLERES INFANTÍS: ( English for Kids, Teatro, Educación Ambiental)

 

– FORMACIÓN PARA ADULTOS Cursos de iniciación á inglés Preparación de exames oficiais: (Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Acceso a graos medio e superior, Acceso á Universidade para maiores de 25 E 40 anos…).

 

HORARIO

¿ONDE ESTAMOS?

NOTICIAS

 

CONTACTO

Todos los datos aportados en este formulario serán únicamente utilizados para la resolución del mismo. En cuanto recibamos tu solicitud nos pondremos en contacto contigo. Gracias!
Valor seleccionado: 5
Nos gustaría poder contar con tu opinión para seguir mejorando tu experiencia de navegación en CCO. Valora del 1 al 10 tu experiencia online con nosotros. Gracias!
CCO CONDADO-PARADANTA
IDIOMA
error: Este contenido está protegido !!