Descripción
En xullo de 2021 o salón de peiteado Conchi Gil abriu as súas portas para continuar unha carreira en perruquería feminina e masculina de máis de 25 anos, durante os cales non deixamos de formarnos para estar ao día das últimas tendencias en moda e en coidado do cabelo.
A experiencia levounos a decatarnos da importancia de manter o cabelo e o coiro cabeludo en boa saúde, trantándoos con produtos respectuosos, sen agresións, atendendo as súas necesidades e así conseguir que creza nutrido e san, pero sen renunciar a lucir o corte e estilismo que nos gusta. Para isto traballamos con Secretos del Agua, unha casa española de cosmética natural e sostible co medio ambiente na que o principal ingrediente é a auga biopolar. Conta con liña capilar, facial e corporal.
Somos especialistas en coloración con óleos libres de amoníaco, e con barro 100% natural, mestura de arxilas, minerais e extractos de plantas. Aporta brillo e forza ao pelo. Está recomendado para persoas con alerxias e pel sensible. Tamén dispoñemos de variedade de tratamentos: para a caída, purificante, para aportar volume,…
Temos servizo de depilación de beizo e cellas, con cera quente e fío, de manicura e pedicura con esmalte normal ou semipermanente de OPI.
A nosa prioridade é o benestar das clientas, ofrecendo un trato personalizado para que saian do salón sentíndose favorecidas co peiteado ideal que lles permita arranxalo na casa e lucilo seguras cada día.
Haz click para llamarnos y solicitar tu cita: